Canto sabes sobre a cultura e os idiomas do camiño? Xoga!

Proxecto camiño

O proxecto

Este proxecto pretende destacar a achega das linguas e culturas do Camiño de Santiago ao gran patrimonio común europeo, dirixindo a atención especialmente ás linguas e culturas rexionais e/ou minoritarias. Para logralo, promoverase a divulgación do patrimonio cultural máis alá das fronteiras estatais e buscarase o diálogo entre as diversas linguas e culturas dos membros integrantes deste.

É moi importante reflectir a relación histórica entre os idiomas e culturas dos camiños de Santiago para dar a coñecer a diversidade lingüística de Europa, a súa orixe e as relacións entre os diferentes idiomas, evidenciando que a pluralidade lingüística e cultural é un compoñente intrínseco á identidade europea.

Liñas de actuación

  • Establecemento dunha rede europea de axentes culturais que articule a difusión e o coñecemento da cultura e as linguas europeas vinculadas ao Camiño de Santiago.
  • Congreso sobre Europa  nas súas linguas e culturas.
  • Plan estratéxico común de actuación, co obxectivo de aplicar a innovación e a creatividade ás estratexias de promoción cultural en Europa.
  • Programa de difusión transnacional sobre Europa nos Camiños de Santiago (exposición itinerante, materiais etc.).
  • Desenvolvemento dun portal web multilingüe sobre a historia cultural das diferentes rexións europeas ligadas ao Camiño de Santiago.

Participantes

O proxecto realizarase a través dun marco de colaboración no que se inclúen parte das rexións europeas vinculadas á peregrinación no Camiño de Santiago e tamén á política lingüística en linguas minoritarias:

  • Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
  • Ofis Publik ar Brezhoneg.
  • Asociación “Estudio de Filología Aragonesa”.
  • Christian-Albrechts-Universität zu Kiel.
  • Euroccat, Eurocongrès 2000 des Pays occitans et Catalans.
  • Euskarabidea/Instituto Navarro del Vascuence. Gobierno de Navarra.
Institutional web21 ouc. / 22 ouc.